- Nestes momentos estase a executar o proxecto de reurbanización das rúas Xílgaro, Luís Braille e Enxeñeiro Barreira
Nos próximos meses os traballos estenderanse ás rúas Campo da Feira e Cuco, así coma ao treito de Fotógrafo José Vidal comprendido entre Campo da Feira e Saturnino Cuíñas. Será tamén unha actuación integral, xa que incluirá a instalación ou renovación de todas as infraestruturas urbanas, a renovación de pavimentos e bases e a adopción de medidas para garantir a accesibilidade universal e a seguridade viaria.
Ademais de mellorar os servizos na contorna dun edificio que rexistra cada vez máis actividade como é o Fórum Carballo, as actuacións en marcha teñen o obxectivo de dignificar o espazo de celebración da tradicional feira, contribuíndo á súa promoción como punto de encontro veciñal e de actividade comercial.