As obras na Ponte do Porto permitirán o paso do transporte escolar


As alcaldesas de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e de Camariñas, Sandra Insua, intercederon de forma conxunta ante a empresa que executará as obras para pedirlles unha modificación no horario e, tras aceptalo, celebrouse unha reunión coa Policía Local de Vimianzo para regular o dispositivo de tráfico que se habilitará a partir do venres.
Polo tanto, finalmente o tráfico de vehículos na Ponte do Porto permanecerá cortado desde o 19 de febreiro ás 9:30 horas ata o 21 de febreiro ás 21 horas debido ás obras que a Deputación Provincial da Coruña levará a cabo para o mantemento do empedrado central da infraestrutura.