As obras na rúa Luís Calvo modificarán o tráfico rodado desde o 1 de febreiro

Rúa Luis Calvo en Carballo

  • O tráfico pesado será desviado pola circunvalación da AG-55             

As obras de instalación dos servizos urbanísticos na rúa Luís Calvo, Carballo, obrigarán a realizar modificacións no tráfico rodado dende o sábado 1 ata o mércores 5 de febreiro, o prazo necesario para acometer a instalación das canalizacións.

A rúa Luís Calvo permanecerá pechada no treito comprendido entre a rotonda e a rúa Xestas só para os vehículos que circulen en dirección a Coristanco. O tráfico pesado será desviado pola circunvalación da AG-55 e o resto dos vehículos que se dirixan cara Fisterra deberán circular pola avenida da Cristina e a rúa do Pan.

O tráfico en dirección a Carballo manterase con normalidade pola Luís Calvo.