As obras que contratará o concello de Ponteceso para a escola infantil acadarán algo máis de 88.000 euros

O xerente do Consorcio Galego de Servizos e Igualdade, Perfecto Rodríguez, visitou este venres o centro acompañado do alcalde do concello, José Manuel Mato.

As obras, que contratará o concello e que tamén as executará durante os meses de verán, aproveitando que a escola non ten actividade, centraranse nas fachadas do inmoble, e teñen como obxectivo mellorar as condicións térmicas e de illamento do mesmo.  Ademais, instalarase un novo toldo exterior no centro.

Perfecto Rodríguez explicou que con esta actuación se complementan unhas melloras xa iniciadas no 2024 co recubrimento dunha das fachadas da escola, e nas que se investiron 21.000 euros.

O xerente do Consorcio enmarcou esta intervención no compromiso da Xunta coa atención á infancia e o apoio á conciliación das familias, a través de investimentos de mellora nos centros de 0 a 3 anos ou tamén con medidas como a gratuidade.

Related posts

O BNG de Corcubión discrepa coas declaracións destos últimos días dos partidos da oposición

Novos programas de participación social na Costa da Morte, da man de Íntegro

Vieiro continúa reforzando o seu compromiso coa prevención a través do programa ‘Odisea’