As obras xunto ao río e a falta de alternativas ao tráfico colapsan a Milagrosa en Carballo

2 minutes read
  • Un accidente entre un autobús contra dous turismos agudizaba este venres un día xa de por si complicado polas inclemencias meteorolóxicas.
  • As obras de demolición do edificio ao borde o río Anllóns tamén obrigaron a deshabilitar puntualmente un carril de circulación da rúa Sol.

Carballo prepárase para vivir nos próximos meses as obras do proxecto de remodelación das pontes sobre o río Anllóns e da creación dunha canle de augas altas. Esto conlevará un esforzo por parte do Concello por tratar de reorganizar o tráfico rodado, pero tamén por parte dos usuarios que deben de buscar alternativas a rúa do Sol e Fomento, ademais de armarse de paciencia.

Este venres proseguiron os traballos de desmantelamento do edificio da rúa Sol número 78, que comezaron a avanzar esta semana pola súa parte traseira cunha grúa de corte. Durante a mañá a empresa suministradora de electricidade levou a cabo a desmontaxe da liña de baixa tensión de servizo ás vivendas, suxeita na fachada do inmoble. Por todo foi necesario cortar un carril de circulación na rúa sol e dar paso alternativo a vehículos polo outro. Houbo momentos de colapso de tráfico na zona, agudizados polo mal tempo e a primeira hora da tarde por un accidente dun autobús contra dous turismos, onde unha persoa tivo que ser evacuada do lugar polos servizos sanitarios.

O inicio das tarefas de demolición do edificio realízase tras executarse os labores previos de disposición dos materias de obra, así como a colocacións da andamiaxe e a retirada de fibrocemento da cuberta. A intervención comprende, tamén, a demolición e construción dunha nova ponte, que terá un único van para mellorar a circulación da auga en caso de crecida. As obras completaranse coa instalación dunha pantalla lateral de contención e a habilitación de dúas pasarelas de acceso ao paseo fluvial para dar accesibilidade á senda existente. Estes traballos contan cun orzamento de máis de 1,5 M€ e teñen un prazo de execución de 8 meses.