As orquestras anuncian mobilizacións se non se alivian as restricións


O sector das orquestras anuncia mobilizacións se as distintas administracións non atenden as súas demandas. Aseguran que levan máis dun ano sen traballar e que a situación é xa insostible. Din que así non poderán aguantar máis tempo. Segundo o presidente da Asociación de Empresarios da Verbena Galega (ASEVEGA), Alberto Dopico, a proba piloto das orquestras serviu para quentar motores, pero que non é suficiente. “A sensación que lles dá ás comisións de festas é que é imposible facer unha festa nesas circunstancias”, asegura. Por iso, o colectivo solicita rebaixar as medidas no control da ocupación e o compromiso dos concellos coas súas festas populares.