As paredes de Stoupa mudan co outono a novas tonalidades e experiencias

2 minutes read
  • Ata o 28 de novembro poderase visitar na galería ceense a exposición que leva por título ‘Ardora’ do artista carballés Josecho González.

Nesta ocasión a pedra angular do tema será o Mar de Ardora, un fenómeno que aínda que ancestralmente coñecido, destacou pola súa presenza nas nosas costas este verán, mais luminoso que nunca e intensificando a maxia das noites atlánticas.

A obra do coñecido artista Josecho González, trasládanos unha orixinal serie Brétemas formada por 14 obras, máis frías pero igual de hipnóticas, aínda que se manteña fiel ao seu estilo particular, configurada a modo engrenaxe coa superposición de volumes xeométricos e o uso dunha paleta constrinxida, marca un cambio de paradigma en canto ao que sensorialmente refírese. 

Josecho mostra as diferentes formas en acrílicos sobre lenzos e papel, xogando coa disposición, o tamaño dos soportes e os perfís cromáticos. Reduce o seu rango visual a unha paleta na que conxuga tres colores pouco saturados que comulgan xerando un conxunto sereno e potente. 

Concédenos nesta exposición, que se poderá visitar ata o 28 de novembro, a confirmación da verdadeira sensibilidade da arte abstracto, o complexo a través do sinxelo e, por suposto, unha homenaxe artística cargada do espírito das nosas costas.

Josecho González (Carballo 1969) pintor autodidacta residente e con estudo en Carballo. A súa obra baséase  na abstracción xeométrica, caracterízase polo uso de distintas formas xeométricas, organizadas de maneira lóxica, mostrando unhas pezas cheas de cor como tema principal para compoñer o cadro, dándolle ritmo e movemento.  Creando así unha harmoniosa conxugación de plasticidade, cromatismo e forza formal. As súas superposiciones xeométricas pódelas atopar en diferentes formatos, en lenzo, en papel e mesmo composicións a modo de colaxe; superposicions de planos que crean uns volumes moi interesantes e coloridos.

Desde o 2021 expón en diferentes galerías da xeografía Galega, de Porto e de Paris.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?