Por se fose pouco que as pistas estén sen asfaltar ou a maleza sen desbrozar, co risco que iso implica nesta época do ano, veciños de varios lugares do Concello de Santa Comba, afirman sentirse ‘abandonados’ polo Goberno local, agora sen auga.
Ventosa, O Combarro, A Ponte, Randufe, Caselas e Cubelo están entre as zonas afectadas. Os residentes deste lugares reclaman polo menos unhas horas de auga para poder cubrir as necesidades básicas da súa vida cotidiá, dado que varios deles están literalmente ‘a secas’ desde o mércores pasado.
O BNG de Santa Comba afirma que agora é o momento de solucionar o problema, por iso, ponse ao servizo da veciñanza dos lugares no que sexa necesario para algo tan esencial como é o subministro de auga. Así mesmo, os nacionalistas afirman que unha vez superada esta crise pedirán as explicacións necesarias para entender por que non houbo a prevención oportuna para evitar chegar ao corte de abastecemento.
Os veciños afectados aseguran sentirse desatendidos e esquecidos pola Administración local nunha situación de primeira necesidade e donde conclúen que ‘o alcalde só mira para outro lado’, en alusión ao núcleo urbano, reclamando solucións e igualdade nun servizo tan esencial.