As persoas con dependencia atendidas polos seus recibirán de inmediato o Bono Coidado no Fogar

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, fixo fincapé este domingo en que aquelas persoas con dependencia recoñecida e atendidas nas súas casas non terán que realizar ningún trámite para percibir esta axuda de 5.000 euros ao ano, xa que terá carácter automático.  

Fabiola García lembrou que estas axudas non están dirixidas unicamente ás persoas maiores, senón a todas as persoas con dependencia independentemente da súa idade, grao de dependencia ou situación económica. O próximo ano recibirán esta axuda 20.000 familias galegas e o Goberno galego destinará para a súa posta en marcha máis de 100 millóns de euros. As persoas que non teñen recoñecida a dependencia ou que perciben outra axuda e queren cambiarse, poderán facelo acudindo os servizos sociais comunitarios.  

A conselleira destacou que a Xunta apoia ás persoas con dependencia a realizar o seu proxecto de vida alí onde prefiren ao tempo que están ben atendidos. Para facelo posible, refórzase cada ano o investimento no Servizo de Axuda no Fogar, que atende a 26.000 galegos nas súas casas; estase a mellorar o servizo de Teleasistencia, para poñer os avances tecnolóxicos ao servizo destas persoas; e como estas axudas económicas para o coidado no fogar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha