As persoas diagnosticadas con ELA poderán pedir unha axuda de 12.000 € ao ano

1 minutes read

A partir da vindeira semana publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova axuda para persoas diagnosticadas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), que consta dunha achega de 12.000 euros ao ano, con carácter retroactivo desde xaneiro. Galicia será a primeira Comunidade que desenvolva unha medida “pioneira” coma esta destinada aos doentes dunha enfermidade progresiva, sen cura e altamente incapacitante. Para iso, habilitase un orzamento de máis de 3,2 millóns de euros cos que axudar ás familias a facer fronte ao gran custo económico que supón este diagnóstico, xa que unha persoa con ELA pasa nuns meses de ser plenamente autónoma a ter unha gran dependencia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?