As Policías, Garda Civil e o Exército vixiarán os montes de Pontevedra fronte aos lumes

As Policías Autonómica e Nacional, a Garda Civil e o Exército despregaranse de xeito planificado por toda a provincia de Pontevedra para realizar labores de vixilancia, prevención e control fronte aos lumes forestais a partir deste venres 1 de xullo, data na que comeza a época de alto risco.

Así, a Policía Nacional, coa colaboración do corpo autonómico, encargarase da vixilancia nesta materia nos municipios de Pontevedra, Marín, Vigo e Vilagarcía de Arousa, mentres que a Policía Autonómica terá presenza en ata 27 concellos para estas tarefas con axentes en Lalín, Silleda, a bisbarra do Salnés, a subzona do Baixo Ullán, Poio, Vilaboa, Caldas de Reis, Portas, a zona norte do Condado-Paradanta e Mos.

Os restantes 34 concellos da provincia de Pontevedra corresponderanlle á Garda Civil, aínda que no caso dos nove municipios das bisbarras do Condado e A Paradanta, que é a contorna máis complexa da provincia nesta materia, haberá un importante reforzo con patrullas terrestres do Ministerio de Defensa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha