As Pontes acollerrerá o 15 de agosto a Bandeira de Traíñas da Deputación da Coruña

O lago das Pontes será o escenario da I edición feminina e da XXX masculina da Bandeira de Traiñas da Deputación da Coruña. O evento terá lugar o vindeiro xoves, 15 de agosto, ás 11,30 horas e contará, na categoría feminina, coa participación dos clubs Cabo de Cruz, Regatas de Perillo, Naútico de Ribeira e Mar de Mugardos.
Pola súa banda, na categoría masculina serán nove clubs os que loiten por conseguir a bandeira: Cabo de Cruz, Ares, Mariñeiro de Mera, Rianxo, Perillo, Cabana-Ferrol, Mar de Mugardos, Muros, Esteirana de Remo.
Este ano será a primeira vez que catro clubs composto por mulleres se estrenen nas augas pontesas para acadar o primeiro posto da competición.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha