A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta de Galicia comunicoulle ao Concello de Carballo a renovación do certificado EMAS (Esquema Europeo de Ecoxestión e Auditoría) das praias de Razo, Saíñas-Baldaio e Pedra do Sal por un ano máis. Esta renovación, xunto cos resultados das analíticas das augas de baño, avalan “a calidade e a sustentabilidade das nosas praias”, tal como indicou o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, que ademais destacou a singularidade medioambiental do litoral carballés coma “un recurso que debemos aproveitar”. De cara á próxima renovación, que deberá realizarse en outubro do 2022, outro aspecto no que se está a traballar é o da ordenación dos usos, a través dos plans especiais que están en tramitación.
43
