As praias de Area Maior e Seiruga, en Malpica, reciben a máxima cualificación de Sanidade

Playa de Area Maior en Malpica_Turismo Galicia

  • A Dirección Xeral de Saúde Pública certificou a “excelente” calidade das súas augas para a temporada de verán do 2021

As augas que bañan as praias malpicás de Seiruga e Area Maior contan coa clasificación de “excelente” para a temporada de verán do 2021. A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, comunicoulle ó Concello esta certificación logo de analizar a calidade das zonas de baño de ambos areais. Con esta análise preténdese detectar a presenza de calquera vertido ou bacteria que poida resultar prexudicial.

Desde o goberno local destacaron a importancia “dos resultados a nivel sanitario e tamén no eido económico polo gran atractivo dos nosos areais de cara a chegada de visitantes”.