As praias de Baldaio-Saíñas, Pedra do Sal e Razo renovan as súas bandeiras azuis

1 minutes read

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) vén de facer pública a listaxe de praias con bandeira azul, un distintivo que ten como principal obxectivo estimular o cumprimento da Directiva de Calidade de Augas de Baño da UE. Neste sentido, as cinco zonas de baño do litoral carballés que están controladas sanitariamente (Pedra do Sal, Razo, Arnados, Ría de Baldaio e Saíñas) acadaron a cualificación de excelente, segundo a súa clasificación sanitaria. A Bandeira Azul volverá a ondear este verán ao seu pé. Ademais de premiar a calidade das augas de baño, dos areais e dos servizos que neles se prestan aos usuarios e usuarias, Adeac tamén volveu distinguir este ano a Senda do Mar Razo-Baldaio como Sendeiro Azul.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?