As probas da ABAU terán máis sedes, controis de acceso e obriga de usar máscara

A comisión interuniversitaria publicou unha serie de indicacións para que as probas se desenvolvan con total seguridade; unha delas é que o acceso aos centros será escalonado para evitar as aglomeracións tanto no interior coma no exterior.

Para elo contarase coa colaboración dos mestres dos colexios e tamén de Protección Civil para evitar que os alumnos  se concentren en grupos.

Outra das normas de obrigado cumprimento será o uso de máscaras, dado que en moitas aulas será moi complicado manter a distancia de seguridade e tamén se recomenda levar xeles hidroalcolicos de uso individual.

Este ano tamén se incrementaron o número de aulas que acollerán estas probas, serán máis de cincocentas, case o dobre das habituais.