As protestas dos seguidores de Trump obrigan a pechar o Capitolio

  • O Pentágono activa 1.100 soldados da Garda Nacional polos caos en Washington/
  • Biden: «A nosa democracia está baixo un asalto sen precedentes»/

Os seguidores do presidente Donald Trump irromperon este mércores no Congreso de EE. UU. tras derrubar varios valos de seguridade e enfrontarse coa Policía, que se viu superada, provocando caóticas escenas na capital estadounidense. A alcaldesa Muriel Bowser declarou o toque de queda na cidade ante o caos xerado, con miles de manifestantes nas rúas de Washington. O Congreso atopábase reunido para validar os resultados das eleccións de novembro, nos que o demócrata Joe Biden resultou vencedor. Os seguidores do mandatario saínte encáranse cos axentes que conforman a barreira policial de seguridade e son repelidos con gases lacrimóxenos. Posteriormente, vense pelexas no interior do Congreso entre seguidores de Trump e policías. Algúns deles aproveitaron as estruturas despregadas para a toma de posesión do presidente electo, o demócrata Joe Biden, para escalar e achegarse á escalinata do Congreso e ao seu acceso. A marcha, baixo o nome de «Salvar a EE. UU.» comezou de maneira pacífica preto da Casa Branca. Trump dirixiuse aos manifestantes para prometer que «nunca» concedería a derrota e urxiu aos seus seguidores para marchar cara ao Congreso.

Biden: «A nosa democracia está baixo un asalto sen precedentes»

O presidente electo dos EUA, Joe Biden, dixo este mércores que a democracia do país «está baixo un asalto sen precedentes», unha «insurrección» que «roza a sedición, e debe acabar agora», despois da irrupción no Congreso de centos de seguidores do mandatario Donald Trump.

«A nosa democracia está baixo un asalto sen precedentes, isto é algo que non se parece a nada que vísemos nos tempos modernos. Un asalto ao alcázar da liberdade, o propio Capitolio», dixo Biden nunha declaración á prensa desde Wilmington (Delaware).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha