As protestas e os enfrontamentos non dan tregua en París

1 minutes read

Os franceses saíron un día máis ás rúas de París e doutras grandes cidades do país, no décimo día de folga nacional. Case dúas semanas despois da aprobación por parte do Gobierno da polémica reforma das pensións, os sindicatos continúan coas súas protestas, sen intención de renderse. Ao redor de 740.000 persoas participaron nos movementos deste martes. Na capital varios grupos de manifestantes vestidos de negro e encapuchados, os chamados ‘black block’, prenderon lume a contedores de lixo e lanzaron proxectís contra a Policía, que respondeu con gases lacrimóxenos. Segundo datos do Ministerio do Interior 27 persoas foron detidas. O Goberno, que aprobou o texto esquivando a votación na asemblea, despregou un amplo dispositivo de seguridade, con miles de axentes, e na capital chegaron a pechar a Torre Eiffel ao público. Aínda que a frustración pública evolucionou cara a un sentimento anti-Macron máis amplo, o nivel de violencia non se achegou ao da semana pasada.