O centro de Barcelona converteuse no escenario dunha batalla campal por segunda noite consecutiva, tras a manifestación que convocaron este mércores os CDR e que derivou en enfrontamentos entre grupos de manifestantes violentos e policía. Despois de concentrarse na confluencia da Gran Vía coa rúa Marina, unha parte dos manifestantes dirixíronse á conselleria de Interior, onde lanzaron obxectos contundentes aos axentes apostados ao redor do edificio, que responderon con varias cargas. Os Mossos tamén denunciaron o lanzamento de artefactos pirotécnicos contra un helicóptero policial, igual que fixo a Asociación Unificada de Gardas Civís a través dun vídeo en Twitter.