‘As que limpan’ clausurou o XXIX Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso

0 minutes read

O XXIX Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso chegou ao seu fin logo da representación de “As que limpan”, da compañía de teatro A Panadaría SCG. Esta foi a cuarta mostra do programa que se levou a cabo ao longo deste mes.
As que limpan, falaron da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Levouse a cabo, como de costume, de noite, no salón de actos do Edificio das Escolas e cun éxito rotundo co aforo completo. Esta iniciativa municipal está subvencionada pola Deputación da Coruña.