Ampla demanda de visitas de centros de ensino ao Forno do Forte de Buño

3 minutes read

Despois de varios anos, nos que non era posible facer visitas escolares a museos, e tras a  tímida recuperación do ano 2022, no presente ano, a actividade cultural e educativa do Ecomuseo Forno do Forte actívase con máis forza que nunca, superando as cifras previas á pandemia.

Ata o de agora pasaron polo Forno do Forte 38 visitas que supoñen máis de 1.700 escolares. Esta participación supera as maiores cifras de afluencia de escolares dende a apertura do Ecomuseo do Forno do Forte.

Os anos 2016 e 2017 foron ata o momento os anos con maior afluencia de centros escolares, no ano 2016 recibíronse 43  visitas de centros de ensino e no 2017, 38.

A falta de recibir as reservas dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro, no ano 2023, xa se igualaron as visitas do ano 2017 e todo parece indicar que se superarán os mellores rexistros do ano 2016.

Respecto ao ano 2022 produciuse  un incremento do 52%, porcentaxe similar ao incremento medio do turismo, que en España estímase entorno ao 50%. O ano 2022 supuxo unha recuperación notable na realización de actividades de ocio e educación non formal para os centros educativos, os datos que xa temos do ano 2023 supoñen a consolidación do Ecomuseo do Forno do Forte como unha das principais referencias da Costa da Morte en particular e de A Coruña en xeral.

No Ecomuseo do Forno do Forte ofértanse diferentes actividades para as visitas de centros de ensino:

Para os centros de ensino de primaria ofértase unha visita guiada e un obradoiro de modelado de barro, da que os participantes poden levar as pezas realizadas. Cada actividade ten unha duración de 45 minutos, 90 en total. E se poden atender visitas de ata 50 participantes que se distribúen en grupos de máximo 25 visitantes en cada unha das actividades.

Para os centros de secundaria, a visita guiada complementase cun bautismo no torno tradicional de Buño. Coa axuda do oleiro do Ecomuseo do Forno do Forte, os visitantes poden ser oleiro por un rato e realizan unha peza sinxela que poden quedar de recordo.

Ambas actividades son de balde,  financiadas pola Deputación Provincial de A Coruña e o Concello de Malpica de Bergantiños.

Nos meses de xullo e agosto, darán continuidade  ao achegamento das crianzas ao barro coa oferta de obradoiros de modelado do barro que se realizarán de martes a venres polas tardes de 16.30  a 18.30. Polas mañás, os maiores de 13 anos, poderán sentarse no torno e facer unha peza.

Ámbalas dúas actividades teñen unha forte demanda tanto de turistas, como dos distintos campamentos de verán que se organizan no Concello de Malpica e na Costa da Morte. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?