A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, afirmou que as residencias de maiores comezan unha nova etapa tras levantarse as últimas restricións pola pandemia. Foi durante unha visita os usuarios da residencia de maiores Amboage, no concello da Estrada, onde puido coñecer as primeiras impresións dos maiores tras esta nova medida adoptada a nivel nacional.
A conselleira celebrou que os usuarios destes centros e os seus profesionais poidan por fin prescindir das máscaras logo dos difíciles momentos vividos durante a pandemia da covid-19. Neste sentido, lembrou que esta mesma semana o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a finalización da crise sanitaria e a eliminación da máscara naqueles lugares nos que aínda eran obrigatorias, como as residencias.
Para iniciar esta nova etapa tense elaborado un novo modelo de coidados no que se recollen as leccións aprendidas durante a pandemia e no que se busca mellorar o sistema de atención. Estas medidas teñen como obxectivo crear centros máis parecidos a un fogar, máis tecnolóxicos, máis coordinados a nivel sociosanitario e tamén con espazos máis reducidos e privados para os usuarios.