A Xunta realizará auditorías en todas as residencias de maiores cada quince días para comprobar que se cumpren todos os protocolos fronte á covid-19 e tamén para axudar con estas medidas de seguridade ante a pandemia. Así o anunciou a conselleira de Política Social, Fabiola García, na rolda de prensa que ofreceu xunto co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras a reunión semanal do subcomité clínico. Esta medida chega unha semana despois de que varias organizacións vencelladas ao coidado de maiores e dependentes denunciaran que a Xunta de Galicia daba avisos previos ás inspeccións, tapando estas así as súas deficiencias reais.