A Xunta ofrece un total de 2000 prazas ás familias de Galicia para desfrutar do verán nas Residencias de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) e O Carballiño. O Goberno galego duplicou este ano as prazas con respecto á convocatoria anterior para achegarlles ás galegas e galegos máis posibilidades nesta campaña estival. Este ano a situación epidemiolóxica permite recuperar os niveis de ocupación de anos anteriores para permitir que máis familias vivan unhas vacacións en familia nestas instalacións durante os meses de xullo, agosto e setembro. Cómpre ter en conta que o período para solicitar praza remata o 2 de xuño. As familias de especial consideración como as numerosas, as monoparentais, as acolledoras ou as vítimas de violencia machista terán prioridade no acceso a unha destas prazas. Ademais, a Xunta adiantou un mes a publicación desta convocatoria para darlle máis marxe ás familias para organizar as súas vacacións de verán.
41