Dous grandes eventos que en condicións normais serían un abarrote de xente, máis aínda co bo tempo que nos está tocando vivir a principios deste mes de setembro, víronse claramente minguados en asistencia de público. Unhas catrocentas persoas pasáronse igualmente este domingo pola feira de Paiosaco, que en condicións normais poderían ser catro mil ou máis. En Carballo, os días grandes das festas da Milagrosa pasaron practicamente a ser días normais, sen alfombras, procesións ou verbenas, tan só a misa principal do domingo congregou algo de público, pero aínda así menos de cen persoas. Tamén continúa o goteo de peregrinos, timidamente, cara aos Milagros de Caión e a Barca de Muxía, que en condicións normais entrarían, con todo o seu esplendor, esta semana na súa semana grande.
36