As sénior do Dimolk Basket Xiria inician tempada a domicilio


Este domingo 24 de outubro ás 17:00 horas, no Pavillón Castro Ribeiras de Lea de Lugo, o Dimolk Basket Xiria estréase nesta tempada baixo as ordes de Héctor Añón Rodríguez, contra o CB do Lea.

Ao conxunto carballés, integrado por xogadoras dos Clubs Basket Xiria e CB Artai (polo convenio de colaboración entre ambos), súmanse tres novas xogadoras e deixan o equipo, por motivos académicos, 5 integrantes respecto da configuración da tempada pasada, onde se retornou á competición sénior feminina, logo de dous anos sen equipo. Polo que o Dimolk Basket Xiria mantén a maioría de xogadoras e a mesma “columna vertebral” do equipo da tempada pasada.

A destacar as incorporación de dúas xogadoras Júnior de Basket Xiria e unha terceira xogadora, tamén de primeiro ano sénior, procedente do CB Arteixo. Son as seguintes:
• EMMA PALLAS (2003) Aleiro
• CLARA ANTELO (2003) Aleiro
• LOLA FERNANDEZ (2003) Ala-Pivot – Arteixo.

O debut en Carballo, será o 7 de Novembro.