As solicitudes de obra menor do casco antigo de Laxe non cumpren coa normativa, di o BNG

1 minutes read

O BNG de Laxe emitiu un comunicado no que denuncia que as solicitudes de obras menores emprazadas no casco antigo da vila, non cumpren coa normativa urbanística que lle é de aplicación, xa que, segundo os nacionalistas, na actualidade a maioría das obras menores (tipo cambio de cubertas, fiestras ou reparación das fachadas) tramítanse erróneamente polo procedemento de «Comunicación previa de Obra», e a normativa urbanística de aplicación establece que deben de tramitarse polo procedemento de «Licencia de Obra», ademáis de que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Laxe (PXOM) inclúe unha normativa específica para o casco antigo, cuns criterios estéticos e de acabados que hoxe en día non se están cumprindo o que podería constituir un presunto delito de prevaricación administrativa.