As subcontratas de R mobilízanse contra o intento de prescindir dos seus servizos

Traballadores de subcontratas de R mobilízanse contra os plans da empresa de telecomunicacións de prescindir dos seus servizos. Este martes concentráronse ante a sede da compañía, na Coruña. Din que R prevé cambiar de provedores sen posibilidade de subrogar os traballadores, o que en principio deixaría na rúa preto dun milleiro de persoas. E aseguran que poderían ser máis, porque a empresa está a revisar os contratos que ten con varios provedores na provincia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha