As ‘Tardes na biblioteca’ volven a Malpica a partir do 24 de setembro

2 minutes read
  • A iniciativa está enmarcada no programa ‘Ler conta moito’ da Xunta de Galicia

O Concello de Malpica, a través do departamento de Cultura, organiza este outono unha nova edición das ‘Tardes na biblioteca’, un ciclo de citas con contacontos e compañías de teatro destinado á rapazada do municipio e enmarcado no programa ‘Ler conta moito’ da Xunta de Galicia.

As actividades realizaranse todos os venres ás 18:00 horas dende o 24 de setembro e ata o 15 de outubro, ambos incluídos, na biblioteca Eduardo Blanco Amor.

24 de setembro. O programa arrincará con ‘O arquivo do Chibo’ do grupo Os contos de Pablísimo, unha fabulación arredor do conto clásico para un público obxectivo de entre 4 e 9 anos.

1 de outubro. Será o turno de ‘A caixa sen Pandora’ de Teatro de Ghazafelhos. Trátase dunha historia sobre a loita das mulleres pola igualdade e está dirixida a nenos de máis de 4 anos.

8 de outubro. Soraya Lema ofrecerá a actuación ‘Aldara na montaña’ para o público de entre 3 e 11 anos. Aldara, a protagonista desta historia, narra de xeito musical as súas andanzas polos montes dos Penedos de Pasarela e Traba.

15 de outubro. A iniciativa rematará con ‘Entre bechos anda o conto’ da compañía Galeatro. Esta sesión de narración oral está destinada para rapazas e rapaces de máis de 5 anos.

O aforo estará controlado e será necesario inscribirse previamente enviando un correo a anton.noceda@malpicadebergantinos.es indicando nome completo, DNI e un teléfono de contacto.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?