As telecos que serven a zona revalorízanse, Eurona amplía 57 M€ en plena pandemia

2 minutes read
  • A empresa garante a liquidez para o Plan de Negocio 2020-2024.
  • Solicita o concurso de acredores do seu antigo holding Eurona Wireless Telecom.

O avance tecnolóxico na Costa da Morte por mor da demanda da internet e a falta de conexión terrestre de calidade, puxo en auxe as empresas de prestación de servizos de caudal de datos tanto wimax como satélite nos lugares máis remotos. É o caso da periferia de todos os concellos das comarcas de Bergantiños e Soneira, onde operadores como Cellnex, que interconecta empresas privadas como Carrefour Coristanco, Zara en Laracha ou Celsa Atlántic en Lendo, como públicas, varios colexios en Artes, Berdillo ou Sofán, ou varias que enlazan o Pazo da Cultura de Carballo ou diversos centros médicos da zona. Outras desas empresas con alta implementación na Costa da Morte son Intermax, Galicia Wifi, Cederis etc. Pero quizais a máis potente sexa Eurona, que parte, desde fai máis dunha década, con estacións base en Carballo, Zas e Cabana de Bergantiños e unha ampla carteira de clientes, onde gran a gran cultivan un suculento potencial económico.
Eurona pechou un aumento de capital por valor de 57 millóns de euros e solicitou voluntariamente o concurso de acredores do seu antigo holding, que apenas tiña actividade, unhas medidas que se enmarcan no plan de reorganización interna da empresa de telecomunicacións. Nun comunicado, explica que Global Satellite Technologies (GST), empresa participada de Eurona Wireless Telecom e que integra os seus principais activos (os negocios de Satélite, Hotspot e Fixed Wireless), aprobou unha capitalización dos dereitos de crédito derivados dos préstamos outorgados por Realta, Premaat e Houlihan Lockey por valor de 51 millóns de euros, cun aumento de capital de 57 millóns. Esta compañía afirma que isto lle permitirá «apontoar o plan de crecemento e despois de renegociar con éxito» os seus contratos de arrendamento de capacidade satelital con socios de longo percorrido como Hispasat, o que lle permite ter «todo ao seu favor» para alcanzar un crecemento rendible e sostible.