As Torres do Allo pechan ao público ata o 31 de marzo

1 minutes read

Co fin de garantir a saúde de toda a poboación e de contribuír ao freo da propagación do coronavirus, o Concello de Zas vén de adoptar unha nova medida que implica o peche ao público das Torres do Allo ata o 31 de marzo.

A veciñanza poderá seguir desfrutando do pazo máis antigo de Galicia a través da súa páxina web e das súas redes sociais onde atopará datos históricos e outra información de interese sobre o edificio e o seu contorno. 

O persoal encargado da xestión das Torres do Allo continuará traballando estes días na preparación das diferentes actividades encamiñadas á promoción do monumento e á súa posta en valor e que se retomarán cando a situación volva á normalidade.