As treboadas deixaron máis de 2.300 raios na provincia da Coruña

O aparello eléctrico acompañado de fortes precipitacións e, nalgúns puntos, saraiba afectou especialmente ao sur da provincia da Coruña, nas comarcas de Arzúa e Santiago.  Pouco antes das seis da tarde caía unha tromba de auga en Santiago, que veu acompañada por forte pedrazo escurecendo o ceo coma se quedase pouco para anoitecer. Caeron en dez minutos sete litros por metro cadrado complicando nalgúsn treitos a circulación nas estradas e algunhas inundacións en baixos e garaxes. Os raios foron habituais nestas treboadas e o dato xeral sinala que en Galicia caeron case 2.500 raios durante a xornada deste martes. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha