As unidades multidisciplinares poscovid comezarán a funcionar este mes


Este mes comezarán a funcionar as unidades poscovid nas sete áreas sanitarias. Con este motivo, celebrouse un seminario web que contou coa presencia online do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e ao que acudiu o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal. Segundo afirmou o conselleiro, estas unidades “son a mostra de que para nós a atención dos nosos pacientes non remata unha vez son dados de alta, senón que continúa máis alá do centro hospitalario.”

As unidades multidisciplinares, estarán compostas por un equipo de profesionais de diversas disciplinas, nas que o núcleo duro está conformado por especialistas en atención primaria, medicina interna, pneumoloxía e enfermería. A través delas, avaliaranse e trataranse os efectos da patoloxía a medio e a longo prazo nas persoas que padeceron covid-19, e que en Galicia son preto de 115.000.