42
As tres universidades galegas manteñen os plans de ensino aprobados ao inicio do curso, alternando as clases presenciais coa docencia virtual. As plataformas tecnolóxicas favorecen a relación de docentes e alumnos, que desde o inicio do curso intentan manter o rendemento de anos anteriores sempre que sexa posible. Hai ocasións nas que hai que tomar medidas extraordinarias tras a detección de casos positivos. Nos últimos días, a Universidade de Vigo decidiu implantar as clases virtuais para alumnos de segundo curso no grao de Traballo Social do Campus de Ourense e o grupo de primeiro da Escola de Enxeñaría Industrial do campus de Vigo.