As vítimas de explotación sexual poden acceder ás axudas de ata 800 euros ó mes

1 minutes read

O Diario Oficial de Galicia faise eco da actualización da convocatoria destas axudas, que chega tras ter regulado o Goberno autonómico a remates do ano pasado o recoñecemento das vítimas de explotación sexual como vítimas da violencia de xénero, e coa que se lles dá acceso, como tales, aos apoios e á asistencia integral necesarias. A efectos legais, a Comunidade galega considera vítimas de explotación sexual ás mulleres “que realizan o exercicio da prostitución, incluídos os actos pornográficos ou a produción de material pornográfico, con obtención de lucro por parte dunha terceira persoa, ben física ou xurídica, cando a vítima se atope nunha situación de vulnerabilidade persoal ou económica ou se lle impoñan condicións gravosas, desproporcionadas ou abusivas”. As axudas teñen o prazo aberto de xeito permanente, co que poden solicitarse polas interesadas en calquera momento do ano.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?