As xeadas causan numerosos accidentes nas estradas da Costa da Morte

  • Unha persoa precisou asistencia sanitaria ao saírse da vía co seu coche en Bustelo, Dumbría

A Axencia Estatal de Meteoroloxía de España (AEMET) xa advertía fai uns días do intenso frío que nos acompañaría durante este comezo de semana. Os -0.5ºC que marcaba o termómetro esta pasada noite en Agualada (Coristanco) e Vimianzo xa aventuraban que este martes espertariamos con bastante xeo. Nesta última localidade, o frío e o xeo quedaron patentes desde ben cedo, como aconteceu na aldea de Baíñas, onde ás 08:00 horas había -3.5ºC.

As fortes xeadas provocaron numerosos accidentes e atascos en diferentes estradas da Costa da Morte. Polo de agora o incidente de maior gravidade deuse na AC-550, cerca do lugar de Bustelo, no Concello de Dumbría. Unha persoa resultou ferida e tivo que ser traslada en ambulancia ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee despois de saírse da vía co seu vehículo.

Accidente en Bustelo_ADC Bombeiros Costa da Morte

Accidentes en diferentes localizacións

Ás 08:00 horas tivo lugar na autovía da Costa da Morte un accidente na primeira saída á Coristanco. As placas de xeo tamén provocaron outro incidente na estrada de Rus á Coristanco, así como varias retencións desde esta localidade á Santa Comba.

Un autobús tamén se saíu da vía esta mañá na estrada de Verdillo á Laracha, e na zona de Agualada houbo outra saída de vía dun turismo.

No concello de Muxía, produciuse un accidente de tráfico no cruzamento de Senande (fotografía), e en Vimianzo, preto do matadoiro comarcal, outro.

Accidente preto do cruzamento de Senante, en Muxía_Cedida

En Berdoias, no tan temido cruzamento, houbo atascos desde primeira hora da mañá porque «a estrada é unha pista de patinaxe», segundo lles comunicaron algunhas autoridades á varios condutores alí presentes. Houbo retencións desde as 08:30 horas ata aproximadamente as 10.30, cando a esa hora fixo acto de presenza no lugar un camión con sal.

Retrasos que algúns condutores non se explican sabendo xa o que «se nos viña encima».

Imaxe do cruzamento en Berdoias_Cedida

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha