0
De Caión a Malpica, Muxía, Camariñas ou Fisterra foron algunhas das moitas vilas da Costa da Morte que honraron este domingo á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. En Camariñas a tradicional danza de arcos polas rúas, un dos símbolos en honra á Virxe na vila, volveu ser todo un espectáculo polas rúas da localidade, antes da procesión marítima ata a veciña Muxía, encabezada nesta ocasión pola embarcación Mar de Grecia, chegada á vila a propósito. En Caión tamén houbo diferentes actos, entre eles una vistosa danza de arcos. Do mesmo xeito mar adentro foron moitas as localidades que celebraron esta festividade do Carme como cada 16 de xullo, Sísamo, Entrecruces, Barizo, Cerceda, Zas ou Oza, entre elas.