Xa están dispoñibles nas redes sociais e nas páxinas web da Deputación da Coruña e do Concello de Cabana os contidos das aulas ‘A luz da ciencia dende o Dolmen de Dombate’. Estas xornadas, organizadas por ambas institucións e de carácter trimestral, contan coa participación de reputados investigadores no ámbito da física e da astronomía liderados polo catedrático Jorge Mira.
Entre os contidos dispoñibles está o acto de presentación das xornadas; ‘Cousas e movemento do Ceo’, con Borja Tosar; ‘Como definiu a astronomía a orientación dos monumentos antigos?’, con César González García; ‘Busca dos puntos de último solpor da Europa Continental’, con Jorge Mira; ‘O camiño do sol a través da paisaxe’, por Fernando Rey Daluz; e a mesa redonda ‘Posibilidades de desenvolvemento vinculadas á observación astronómica na Costa da Morte’, con Santiago Garrido Rial, José Muíño, Xose Luis Penas, Jorge Mira e Fernando Rey Daluz.
As xornadas científicas regresarán a Cabana de Bergantiños no mes de xuño coa súa segunda edición e cunha temática pendente de confirmación.