As xuntanzas privadas non deben superar as 25 persoas


A Xunta de Galicia publicou este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova actualización das instrucións sanitarias para intentar atallar brotes de COVID-19. Deste xeito, o Goberno galego recorda que “nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado” recoméndase o uso de máscara no caso de reunións ou de posible confluencia de persoas non conviventes, así como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene. “Así mesmo, recoméndase limitar o número de asistentes aos mínimos posibles e que, en todo caso, non superen as 25 persoas”, indica o boletín.