As «Zoquiñas Vermellas» de Malpica non paran de captar adeptos

A concelleira de Cultura, Olería, Igualdade e Patrimonio do concello de Malpica, Leticia Naya Varela, e o presidente da Federación Provincial de ANPAS da Coruña Costa da Morte, Xosé Antón de la Fuente Subiela, mantiveron unha reunión no centro comarcal de Buño para falar do proxecto das “Zoquiñas Vermellas” a prol da Igualdade e en contra da violencia machista. Este proxecto lévao a cabo a concellaría, en colaboración con outros colectivos, como a oleiría de Buño, a asociación Visibles ou a asociación Mirabal. Esta actividade de Igualdade ten como obxectivo concienciar sobre os estereotipos de xénero, loitar en contra da desigualdade, discriminación e violencia que se exercen contras as mulleres polo mero feito de selo.

A concelleira de Cultura, Olería, Igualdade e Patrimonio do concello de Malpica, Leticia Naya Varela, explica o que fai o seu departamento, coas Zoquiñas Vermellas en contra da violencia machista.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha