Asaltan de madrugada dous negocios na Laracha

O Estanco_Paiosaco.

  • O PSOE emitiu un comunicado no que urxe adoptar medidas inmediatas na xestión da seguridade a nivel local.

Dous encapuchados a bordo dun turismo Seat Códoba de cor gris andaron a sembrar o pánico entre Paiosaco e Golmar. O obxectivo era claro, entrar a roubar, primeiro no Estanco de Paiosaco e acto seguido no bar San Cristóbal de Golmar. O «modus operandi» tamén, coma nos vellos tempos, un dos actuantes espera ao volante do turismo en marcha e o outro intenta arrapañar todo o que atopa ao seu paso dentro dos obxectivos previamente definidos.

No Estanco, o ruido xerado polo asaltante a golpe de maza en man fixo saltar a alarma do establecemento e puxo en alerta ao propietario do local, que vive no mesmo edificio, e ao que estas fechorías xa non o pillan por sorpresa, pois xa leva unhas cantas ao lombo. Cando deu baixado aínda se atopou cos delincuentes, feito a tempo para que se marcharan coas mans baleiras.

Seguinte parada, bar San Cristóbal en Golmar, empleando o mesmo sistema un dos individuos logrou entrar no local coa idea clara de cargarse o caixetín da máquina comecartos, pero o revoltixo montado puxo en alerta ao vecindario, logrando así que desistira da súa actitude de «sacarlle a especial á máquina sen meter moeda», dándose de novo á fuga.

Tras a presentación das correspondentes denuncias, e algunha máis como a do restaurante Bos Aires da Laracha, puxo en marcha un traballo de campo da Garda Civil para tratar de identificar e deter a estes presuntos delincuentes.

O PSdeG-PSOE pide medidas urxentes na xestión da seguridade municipal

O PSOE emitiu un comunicado no que a concelleira socialista no Concello da Laracha, Alba Toba, demándalle ao alcalde “un compromiso para aumentar a vixilancia no Concello da Laracha”, tras estos últimos actos de roubos acontecidos nesta fin de semana. A concelleira tamén manifesta a súa preocupación polos poucos efectivos da Garda Civil no municipio, e insta a que se solicite a administración competente a necesidade de cubrir estes postos para garantir que o servizo se preste en condicións óptimas.

O BNG afirmaba que a falta de efectivos policiais traería graves consecuencias

Fai pouco máis dunha semana dende o BNG da Laracha denunciaban nos medios que a falta de efectivos de Policía Local podería ter graves consecuencias para a seguridade no municipio. «Desgrazadamente espertamos con noticias de asaltos a locais hostaleiros do noso termo municipal, que nos dan a razón nos nosos temores. Non podemos seguir nesta situación, é necesario ampliar xa as prazas de Policía Local», afirman os nacionalistas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha