34
O roubo tivo lugar cando o chalet estaba baleiro e desvalixaron as estancias interiores en busca de obxectos de valor. Foi a filla dos donos a que se decatou de que entraran na casa de seus pais, situada no lugar coñecido como As Revoltas no barrio residencial da Zapateira. A Policía Nacional está a investigar o acontecido e non descarta ningunha hipótese. Entre elas, que unha banda itinerante poida estar tras o asalto. Para a asociación de veciños este é un suceso puntual que os veciños desvinculan das ocupacións ilegais dos últimos meses.