37
Unha muller de 35 anos morreu en Zaragoza presuntamente asasinada pola súa parella sentimental, un home de 31, que se atopa detido e custodiado pola policía nun hospital da capital aragonesa tras lanzarse ao baleiro. O presunto autor, que tiña unha orde de afastamento en vigor que xa incumprira noutras ocasións, precipitouse desde o quinto piso dunha vivenda do barrio das Fontes da capital aragonesa e atópase grave na UCI do Hospital Miguel Servet. Ao derrubar a porta e acceder ao piso que habitaba, a Policía Nacional atopou o corpo sen vida da muller. O grupo de Homicidios estuda o motivo destes encontros e as circunstancias do crime. O home ten, ademais, numerosos antecedentes por outros delitos.