Asasinado en México un porriñés de 39 anos

1 minutes read

Sergio Fernández, culturista de profesión e propietario dun ximnasio na cidade de Naucalpan, foi tiroteado cando intentou resistirse ao roubo do seu vehículo. Sergio, porriñés de 39 anos, era unha persoa moi coñecida na escena deportiva da que é unha das cidades máis convulsas de México. 

Sergio Fernández era coñecido no Porriño porque nesta vila rexentara un pub. Tamén era moi coñecido e moi querido en Naucalpan onde traballaba como adestrador persoal e daba consellos de musculación nas redes sociais.

Sergio sempre foi un home que se moveu polo mundo buscando a vida. Entre Porriño e o seu traslado a México xa vivira en Valencia, Finlandia e Dubai.

Sergio Fernández deixa muller e un fillo pequeno, segundo a súa propia familia nas redes sociais, onde tamén anuncian que o enterro terá lugar no Funerales San Juan Izcalli.