Asasinados dous xornalistas españois en Burkina Faso

0 minutes read

Dous xornalistas españois foron asasinados este luns tras un ataque en Burkina Faso. Trátase do reporteiro David Beriáin e o cámara Roberto Fraile.

Segundo a ministra de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya, os feitos sucederon na zona da reserva forestal de Pama, onde ambos foron vítimas dun ataque cando participaban nunha patrulla contra a caza furtiva mentres realizaban un documental xunto a unha ONG. Tamén morreu un xornalista irlandés.

A ministra asegurou que Pama é unha zona perigosa na que actúan grupos terroristas, furtivos e redes yihadistas. O Goberno de Burkina Faso atribuíu o ataque a terroristas.