Asasinan o presidente de Haití


O presidente de Haití, Jovenel Moïse, foi asasinado por homes armados que asaltaron a súa residencia. Así o informou a través dun comunicado o primeiro ministro interino do país, Joseph Claude, quen asegurou que os atacantes falaban en inglés e en español.

O documento afirmaba que ao redor da 1 da madrugada do martes para o mércores, un grupo de descoñecidos asaltaron a residencia privada do presidente feríndoo de morte. A súa muller quedou ferida de bala e permanece hospitalizada. Claude tacha o acto de “atroz, inhumano e bárbaro”.

O magnicidio agrava aínda máis a inestabilidade política do país, que vive violentas protestas nas rúas e coa oposición acusando o presidente de querer establecer unha ditadura. Pola súa parte, Moïse, de 52 años, denunciara a semana pasada á oposición de estar organizando un golpe de Estado.