Ascenden a 30 os feridos por un atropelo en Alemaña durante un desfile de entroido

1 minutes read
  • Segundo os medios locais, o presunto autor é un cidadán alemán de 29 anos que atropelou a unha multitude de forma deliberada

Decenas de persoas resultaron feridas por causa dun atropelo que se produciu durante un desfile de entroido en Volkmarsen, no norte de Hesse, en Alemaña. Segundo o portal Euronews, a policía arrestou ao presunto autor dun atropelo deliberado e que, segundo medios locais, é un cidadán alemán de 29 anos.

O incidente ocorreu durante o Rosenmontagszug ou luns das rosas, un desfile de entroido alemán que ten lugar antes do mércores de cinza.

As festividades foron suspendidas e as autoridades pediron aos cidadáns que non publiquen imaxes do incidente nas redes sociais para non entorpecer a investigación.