43
- O alcalde destacou que a pesar de ser un tramo «insuficiente» segue a ser un «paso adiante»
A estrada que comunica Vilasuso con Tallo, no concello de Ponteceso, xa foi asfaltada grazas aos Fondos Agader. O rexedor, Lois García Carballido, reiterou que a pesar de que o «tramo é insuficiente e que hai que arranxar ata a Bugalleira, é un paso adiante».
Tallo era unha das parroquias que menos investimento recibía do Concello de Ponteceso pero agora «pasou a ser das primeiras» despois de varias actuacións como «a chegada da auga da traída, o aglomerado de Pardiñas e as Casas Novas ou a reforma da Praza da Bugalleira», destacou o rexedor.