Asfaltada a vía de Vimieiro ao Campo de Pazos, en Ponteceso

Cedida

  • Desde o goberno local sinalan que a estrada estaba «bastante deteriorada»

O Concello de Ponteceso continúa licitando «todas as obras de mellora viaria posibles». Unha desas intervencións produciuse en Pazos co asfaltado da vía que une o núcleo de Vimieiro co Campo e a escola unitaria que, segundo o goberno local, se atopaba «bastante deteriorada».

Os traballos contaron con fondos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).