Nace Agalería. Trátase dunha sala interactiva ás beiras dun océano virtual. A súa primeira mostra presenta «O mar nas coleccións», con 50 obras de 27 artistas. Unha empresa galega deseñou esta galería, que empeza a súa andaina cunha chamada á defensa do medio natural a través da arte.
A iniciativa enmárcase dentro do programa «Comprometidos co Medio e os Océanos» que desenvolven ABANCA e Afundación dentro do seu compromiso a favor dun modelo sostible que permita contribuír ao equilibrio económico, social e ambiental da súa contorna.
Agalería é un novo proxecto pioneiro en España, con carácter dinámico e interactivo, que ofrecerá ao visitante unha experiencia única que lle permitirá penetrarse, non só nas obras expostas, senón no propio espazo.